Comunicado ante a vaga de lumes que asola Galicia

O Grupo de Estudos e Análise Colmeiro desexa manifestar a súa profunda consternación polas tremendas consecuencias da vaga de lumes que ten asolado Galicia na pasada fin de semana. O peor balanzo son, sen dúbida, os catro falecementos confirmados ata o momento. A ilo únense tamén as fatais repercusións ambientais, sociais e económicas para o país. A conservación da natureza, e os recursos de toda orde que produce é un valor diferencial do país, que ten sufrido demasiadas veces o ataque do lume, demasiadas veces non fortuíto.

É cedo para determinar as causas ou concausas que se deron nos pasados días para favoreceren o resultado, contra o que aínda se loita. Cando a última faísca teña esmorecido, aos poderes públicos corresponderalles, en cadanseu terreo, expor as razóns do acontecido e procurar, en canto se puder, que non se reproduza. Á cidadanía esixirlles as accións precisas para conseguilo. No entanto, debemos recoñecer a resposta áxil da Administración a unha situación que obxectivamente sobarda as capacidades ordinarias e extraordinarias de calquera dispositivo, por poderoso que este for. E, por último e cremos que de tremenda importancia, encontramos motivos de certo orgullo no comportamento de todos os membros dos operativos de extinción e, mais aínda, dos centos de persoas que non dubidaron en axudar alí onde foi precisa unha man solidaria, para salvar as vidas e facendas dos demais e para a defensa do patrimonio común.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s